IniciosociedadeO número de positivos ingresados en Burela mantense por terceiro día

O número de positivos ingresados en Burela mantense por terceiro día

Hai dous pacientes con coronavirus na Uci do Hospital da Mariña e catro en planta

Publicada o

- Advertisement -

A presión asistencial por mor do coronavirus sobre o Hospital Público da Mariña continúa estable. Segundo o Servizo Galego de Saúde (Sergas), hai dous pacientes con positivo na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do centro hospitalario de Burela e outros catro en planta, un dato que non varía por terceiro día consecutivo.

A nivel provincial, o número de casos activos é de 595, un máis có pasado sábado. Deles, oito permanecen en unidades de críticos -os outros seis no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)- e 32 en planta -os catro da Mariña, doce no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-. Hai 554 positivos en domicilio, un máis.

444 FALECEMENTOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.205, deles 1.392 son da área da Coruña, 595 da de Lugo, 1.233 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 1.104 da área de Vigo, 1.034 da de Santiago, e 340 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 112 permanecen en UCI, 596 están en unidades de hospitalización e 5.497 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.536 altas de pacientes e 444 falecementos. O número de PCR realizadas é de 63.715.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...