IniciosociedadeDiario de corentena: acostumarnos ás máscaras

Diario de corentena: acostumarnos ás máscaras

Penso nos profesionais que as teñen que utilizar sempre e en como as teremos que usar cando esteamos con xente, pois semella que serán as protagonistas da desescalada

Publicada o

- Advertisement -

As máscaras apuntan a ser protagonistas do proceso de desescalada, cando case todos volvamos a estar na rúa. Onte pola mañá saín mercar e quixen ir de estrea coa miña, nove euros me custou. Púxena na casa antes de saír para ver que pinta tiña. Despois dun minuto tiven que sacala. Pódese respirar, pero eu afogo. Confinados na casa faltouvos o aire? A min non, pero nese momento si.

Saín á rúa con ela no peto da cazadora e ata chegar ao súper poder respirar. Cando ía chegando e pensei en poñela, revolvéuseme o estómago e optei por non usala. Non fun capaz de entrar nin sen ela e volvín para a casa. Onte pola tarde volvina poñer e xa non me impresionou tanto, pero asfixia esa incapacidade de respirar aire puro e ese respirarte a ti mesmo mentres se che abafan as gafas, co olor a hospital de fondo. Claustrofobia?

Penso nos profesionais que as teñen que utilizar constantemente e en como as teremos que utilizar a partir de agora cando esteamos con xente. Esas máscaras que asfixian porque chegan dun mercado globalizado que só responde a intereses económicos.

Preme abaixo para ler unha nova entrega do Diario de Corentena, de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.

Diario de corentena: As mascarillas que te asfixian

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...