Iniciosociedade(VÍDEO) Pode acoller A Mariña os Xogos Olímpicos? O profesorado di que...

(VÍDEO) Pode acoller A Mariña os Xogos Olímpicos? O profesorado di que si

Docentes de once centros educativos da bisbarra propoñen ao alumnado organizar as súas propias Olimpiadas desde a casa

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo do Día da Educación Física na rúa (este ano na casa), o vindeiro martes, o profesorado de once centros educativos da Mariña Lucense propón un divertido reto a través dun vídeo co que anima ao seu alumnado a facer os Xogos Olímpicos da Mariña desde a casa.

Construír un facho similar ao que amosan os profesores no vídeo; facer unha gravación en horizontal, dun máximo de 15 segundos, practicando un deporte olímpico, se se pode implicando á familia; colaborar co traslado do facho, que ten que entrar pola dereita do alumnado na peza audiovisual e saír pola esquerda; e enviar o vídeo ao docente antes do domingo 3 de maio, son as condicións para participar nas Olimpiadas.

Un vídeo que anima a divertirse en familia durante estes días de confinamento que restan e a tomalos con humor e retranca: “Tokio non está preparado, pero afortunadamente A Mariña está”, din as autoridades xaponesas e do Comité Olímpico Internacional.

ÚLTIMAS

Ribadeo listo para as primeiras xornadas da cabala

Todo está listo en Ribadeo para a celebración das primeiras Xornadas da Cabala, que...

Viveiro continúa coa campaña ‘Ti tes a chave’ sobre o uso do contedor marrón

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro continúa coa campaña “Ti tes a chave”, que...

Morre un traballador nunha canteira de Mondoñedo

Un traballador dunha canteira de Mondoñedo, J.C.S., de 52 anos de idade, faleceu este...

O vídeo podcast Terra UP Arte de Terra Branca acaba de cumprir 2 anos

O vídeo podcast Terra UP Arte de Terra Branca acaba de cumprir 2 anos....