IniciosociedadeO 'Carla' parte de Burela tras quince días de corentena

O ‘Carla’ parte de Burela tras quince días de corentena

O pesqueiro de bandeira francesa marchou do porto burelao, onde 16 mariñeiros permaneceron illados o pasado 13 de abril, a primeira hora desta tarde

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O pesqueiro francés Carla partiu a primeira hora desta tarde do porto de Burela (Lugo), onde estivo amarrado durante os últimos quince días e coa súa tripulación confinada no interior do barco, por mor da corentena á que foron sometidos os 16 mariñeiros despois de que un deles dese positivo nun test por coronavirus.

Fontes da Capitanía Marítima de Burela confirmaron que a tripulación do barco “solicitou saída para primeira hora desta mañá”, despois de que onte se coñecese o resultado das probas PCR ás que foron sometidos todos os mariñeiros, superado o tempo de illamento para descartar contaxios de Covid-19.

Finalmente, con “todos os papeis en regra”, precisaron as mesmas fontes, o barco abandonou o porto de Burela pasada a unha do mediodía.

Todos os mariñeiros deron negativo nas probas PCR, polo que os resultados foron comunicados ao departamento de Sanidade Exterior e este organismo, que depende do Ministerio de Sanidade, deulle luz verde á tripulación para partir. Con ese informe positivo, a Capitanía Marítima de Burela autorizou a saída do barco.

Os membros da tripulación xa deran negativo nos tests rápidos aos que foron sometidos antes do inicio da corentena, ao dar positivo nun control previo un dos mariñeiros. O barco estivo amarrado no porto de Burela e os marineros confinados no seu interior desde o pasado día 13 de abril.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...