IniciosociedadeO número de positivos entre a tripulación do Notre Dame ascende a...

O número de positivos entre a tripulación do Notre Dame ascende a oito tralas probas PCR

O buque, de bandeira francesa pero armador de Cedeira, fica amarrado no porto de Celeiro

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Oito tripulantes do pesqueiro francés ‘Notre Dame‘ -aínda que o armador é de Cedeira (A Coruña)- deron positivo por coronavirus nas probas PCR ás que foron sometidos todos os membros da tripulación, formada por 15 mariñeiros, segundo informaron a Efe fontes sanitarias.

Os mesmos informadores precisaron que un dos positivos é o propio patrón do barco, que foi ingresado o pasado sábado no Hospital Público da Mariña, en Burela, para ser tratado dunha pneumonía.

Tamén deu positivo por anticorpos outro dos tripulantes, que superou a enfermidade en alta mar, cando o barco estaba a faenar na zona de Gran Sol.

Outros cinco tripulantes, que deron negativo, pasarán o período de corentena -14 días- nos seus respectivos domicilios, mentres que o maquinista, que en principio tiña intención de quedar no barco, que permanece amarrado no porto de Celeiro, trasladarase a un hotel para pasar o confinamento. Está previsto que o pesqueiro sexa desinfectado cunha máquina de ozono esta mesma semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...