IniciosociedadeO patrón do Notre Dame, ingresado por coronavirus, evoluciona favorablemente no Hospital...

O patrón do Notre Dame, ingresado por coronavirus, evoluciona favorablemente no Hospital da Mariña

O barco francés permanece amarrado en Celeiro, a onde chegou na madrugada do venres. As probas PCR determinaron oito positivos entre a tripulación.

Publicada o

- Advertisement -

O patrón do pesqueiro francés ‘Notre Dame’ evoluciona favorablemente no Hospital da Mariña, onde foi ingresado con positivo en coronavirus. Así o informou o director adxunto do Porto de Celeiro, onde está amarrado este barco —cuxo armador é de Cedeira (A Coruña)—.

Do total de quince tripulantes do barco, detectáronse oito positivos en COVID-19 tras os test PCR. Con todo, unicamente o patrón —cuxo estado de saúde motivou o regreso do barco, que faenaba no Gran Sol— está ingresado no Hospital da Mariña.

“En principio considerárono como unha pneumonía“, explicou o director adxunto de Porto de Celeiro, Eduardo Míguez, sobre a chamada que se fixo desde o barco. Finalmente, e tras a chegada do pesqueiro na madrugada do venres a porto, confirmouse que se trataba de Covid-19.

EN CORENTENA

No porto activáronse os protocolos existentes, dos que Eduardo Míguez destaca o “bo” funcionamento dos mesmos. “Que fose sábado deunos moita marxe e houbo moita colaboración”, subliñou. Sobre o resto da tripulación, indicou que houbo algún que deu negativo, outros que pasaron a enfermidade no barco e os demais, que deron positivo. “Pero todos asintomáticos“, recalcou.

Por outra banda, sinalou que as autoridades sanitarias acordaron o seu illamento domiciliario e confirmou que, con excepción dun deles, toda a tripulación optou por ir ás súas casas. Sobre o tripulante que pasará a corentena no barco, dixo que optou por esta vía como medida de precaución por haber na súa familia nenos e persoas maiores. “Polo menos a metade da semana”, expuxo o director adxunto do porto de Celeiro, que explicou que se encargará, mentres, dos labores de mantemento do barco.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...