IniciosociedadeBarreiros cederá de balde espazo público anexo aos locais para a ubicación...

Barreiros cederá de balde espazo público anexo aos locais para a ubicación de terrazas

A cambio, o executivo municipal pide "que se garanta o tránsito de peóns e as condicións de limpeza e salubridade"

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir unha carta ao sector da hostalería para trasladarlle a decisión do goberno municipal de facilitar, na medida das posibilidades da administración local, a colocación de terrazas en terreo privado ou municipal para poder cumprir co decretado polas autoridades sanitarias e permitir a apertura, aínda que parcial, dos establecementos.

Neste sentido, explica que “desde o goberno municipal permitiremos, previa solicitude, a utilización de espazo público local anexo aos locais de hostaleira para o seu uso privativo, sempre que poida garantirse o tránsito de peóns e as condicións de limpeza e salubridade, para dotar de maior espazo aos locais nas súas terrazas”.

Igualmente, aquelas terrazas que se instalen en terreos privados non se verán sometidas ao trámite municipal de comunicación previa de instalacións preceptivo para este tipo de actividade. “Simplemente se requirirá por parte dos establecementos que queiran dotar as súas instalacións de espazo de terraza unha comunicación aos efectos de poder realizar o control de distancias e/ou outras medidas sanitarias que poidan dictarse polas autoridades competentes”, indica o goberno municipal.

“En aras de facilitar estas medidas, calquera dos procedementos (solicitude de utilización de terreo público ou instalación en terreo privado) estará exento do pago de ningunha taxa municipal”, engade Ermida.

ENCONTRO VIRTUAL

Na mesma misiva, que se fai pública para o coñecemento da totalidade do sector, tamén lles traslada que o goberno local “traballa no deseño de medidas a adoptar por parte da entidade local que poidan contribuír a paliar os efectos das crises derivadas do Covid-19 na súa poboación e, polo tanto, tamén no seu tecido económico”.

Neste sentido, convida ao sector a participar nun encontro virtual que se celebrará o vindeiro sábado ás 11.00 horas, xa que previsiblemente ao longo desta semana se concretarán medidas para o sector. A tal fin, as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico ao correo alcaldia@concellodebarreiros.com para anotarse en dito encontro.

Nesta xuntanza telemática analizarán a situación do sector e as posibles medidas ou actuacións que se poidan realizar desde ou en colaboración coa administración local para o futuro máis inmediato.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...