(AMPLIACIÓN) A residencia de Cervo queda sen positivos e un operario recibe a alta en Burela

Deste xeito, o número de positivos nos xeriátricos da Mariña Lucense redúcese a tres

Desinfección e sectorialización da residencia de Cervo. AXM

A residencia de Cervo queda sen positivos por coronavirus despois de que desen negativo nos novos tests realizados os tres residentes e unha traballadora infectados. O centro de maiores cervense permanece así por agora libre de Covid-19, segundo concretou a dirección. Tamén recibiu a alta un traballador do xeriátrico de Burela, acorde coas fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Deste xeito hai tres casos activos nas residencias mariñás. Dous deles son de usuarios: un deles, o dunha anciá da vivenda comunitaria privada Vilaoudriz (A Pontenova), e o outro, dun residente de Mirador del Eo, en Ribadeo. No tocante aos empregados infectados, coas dúas altas documentadas queda un só positivo no centro de maiores burelao.

No tocante á hospitalización, un paciente –o capitán do Notre Dame, amarrado en Celeiro– permanece ingresado en planta no Hospital Público da Mariña. Dous doentes que contraeran o virus deron negativo nas probas, malia que seguen por agora na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) de Burela.

CATRO CASOS MÁIS NA PROVINCIA

O Sergas documenta 170 casos activos na provincia, catro máis ca onte. Deles, outros seis permanecen na Uci do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)- e dous en hospitalización, un na Mariña e outro no HULA. Contabilízanse 162 positivos activos en domicilio, tres máis ca onte.

586 MORTES EN GALICIA

Na provincia faleceron 27 persoas por coronavirus, con 689 altas. En Galicia faleceron 586 persoas, 454 en atención hospitalaria e 132 en centros xeriátricos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here