IniciosociedadeO paseo marítimo de Foz será de sentido único entre A Rapadoira...

O paseo marítimo de Foz será de sentido único entre A Rapadoira e Llas para garantir as distancias

Quenes paseen cara fóra do casco urbano deben utilizar a beirarrúa máis cercana ao mar, mentres que para volver só se poderá usar a beiravía da estrada

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz anunciou que fará temporalmente de sentido único o paseo marítimo da capital municipal entre as praias da Rapadoira e Llas.

Os veciños que vaian da Rapadoira a Llas deberán utilizar necesariamente o paseo marítimo. Pola contra, os usuarios que volvan cara o casco urbano ou paseen desde o segundo dos areais mencionados en dirección ao primeiro, terán que usar necesariamente a beirarrúa da estrada, a máis afastada do mar.

Deste xeito, o goberno local tenta evitar aglomeracións e garantir a distancia interpersoal nun contexto de desescalada.

“Estamos pendentes do comportamento da poboación e sabemos que moita xente aproveita o paseo marítimo. É unha decisión que pode causar molestias, pero dentro das reunións semanais que temos con Garda Civil, Policía Local e Protección Civil púxose enriba da mesa esta idea e pensamos que é a máis axeitada neste momento”, expuxo o alcalde, Fran Cajoto.

NAS BEIRARRÚAS, POLO LADO DEREITO

“Sabemos que somos un pobo eminentemente turístico e por iso, ante a proximidade do verán, debemos extremar ao máximo as medidas de distanciamento social. Recomendamos tamén que a circulación de peóns nas beirarrúas de toda a vila se realice polo lado dereito dado que moitas delas son demasiado estreitas e resulta complicado manter a distancia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...