InicioEconomía(VÍDEO) O comité de Alcoa pide mercar no comercio local, que volve...

(VÍDEO) O comité de Alcoa pide mercar no comercio local, que volve “preparado” e tomando precaucións

A FCAM lanza unha mensaxe de apoio aos seus asociados, boa parte dos cales volverán ao traballo o vindeiro luns, e de agradecemento á poboación da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao emitiu este venres un comunicado e tamén difundiu un vídeo no que convida aos seus traballadores a consumir no comercio local da Mariña Lucense.

Os sindicatos lembran que na campaña iniciada para acadar unha rebaixa do prezo da enerxía eléctrica, sen a que a multinacional ameaza con pechar a planta de aluminio, a Federación de Comercio A Mariña (FCAM) fixo “un gran esforzo e apoio” das reivindicacións do persoal. Deste xeito, o organismo de representación dos obreiros convida a os compañeiros a que “merquen no comercio local”.

A petición dos traballadores coincide coa aprobación da fase 1 da desescalada na provincia de Lugo, na que, a falta de confirmación oficial no Boletín Oficial do Estado (BOE), o comercio poderá abrir, en principio, sen cita previa aínda que con limitacións de aforo, e nas que as terrazas poderán traballarse ao 50% de ocupación.

Tamén coincide cunha mensaxe de apoio que a FCAM lanza aos locais que estes días abriron as súas portas con cita previa e aos que retomarán a súa actividade a partires do vindeiro luns, 11 de maio.

Volvemos para ti, grazas a ti‘ é o slogan do cartel no que se ve un treito de asfalto gris do que sae unha planta verde.

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, anima á xente “a que aposte, agora máis que nunca, polos negocios locais. Acabamos de estar dous meses pechados e precisamos moito da nosa fiel clientela”, asegura.

Campaña da FCAM. AXM

“É o momento de que rememos todos xuntos na mesma dirección, na de apoiar ao comercio, á hostalería e ao sector servizos. Os pobos non teñen vida sen as tendas, sen os bares, sen os restaurantes… Temos que ser moi conscientes de todo isto e teremos que acostumarnos a volver pouco a pouco á normalidade que van ditando as diferentes fases da desescalada na que nos atopamos”, remarca.

Paleo subliña que “os negocios dos nosos pobos intensifican o traballo estes días para poñerse a punto para a apertura do luns. Todos estarán preparados para ofrecer os seus produtos extremando as medidas de seguridade e de hixiene. O cliente debe ter confianza no comercio local e facer caso das recomendacións e indicacións que atopará nos locais. Hai unhas distancias sociais que temos que manter, haberá limitacións de aforo e produtos de desinfección para que todo funcione da mellor maneira posible desde o primeiro momento”.

O presidente da Federación de Comercio A Mariña salienta que “queremos darlles as grazas aos nosos veciños por agardarnos estes meses e pola solidariedade que nos fixeron chegar por diversas canles”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...