IniciosociedadeDiario da desescalada: a natureza non entende de franxas horarias

Diario da desescalada: a natureza non entende de franxas horarias

Á Rubia non lle caía ben parir xusto no cambio de fase lunar, é de pouco apuro; aos seres humanos córrenos algo máis de présa iso de mudar de fase

Publicada o

- Advertisement -

Á outra beira do Miño, nun deses concellos de menos de 5.000 habitantes —coma case todos os que non están atravesados pola AP-9— naceu esta pasada madrugada unha xata. Esperábana antes, por aquilo da lúa chea, pero a becerra enredou no ventre da nai. Parece ser que á Rubia non lle caía ben parir xusto no cambio de fase lunar. E como tamén está libre de franxas horarias, que para iso vive en Friol e non en Madrid, a vaca deu a luz de noite.

A Rubia e a xata son de pouco apuro. Sábeo ben un paxariño que me veu a min co conto da vaca preñada e os cambios de crecente a minguante. Ao paxariño (que non é paxariño, senón un humano confinado) córrelle algo máis de présa iso de mudar de fase. No seu calendario mental, igual ca no de todas, está marcada en vermello a data deste luns 11 de maio, nova etapa desta desescalada por chanzos.

Preme abaixo para ler completa a nova entrega do Diario da Desescalada, de Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña.

Diario da desescalada: un cambio de fase sen desfase

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...