IniciosociedadeRibadeo licita por 105.000 euros en tres anualidades a roza de marxes...

Ribadeo licita por 105.000 euros en tres anualidades a roza de marxes dos camiños para previr lumes

O Concello prevé actuar nun mínimo de 40 e un máximo de 70 hectáreas de superficie

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación, polo procedemento aberto simplificado, dun contrato de servizo de tratamento preventivo contra incendios forestais. O importe é de 105.000 euros en tres anualidades, de 2020 a 2022.

O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, explicou que “estes traballos consisten na roza mecanizada da faixa auxiliar en ambas marxes da vía, incluíndo nesta actuación a roza de noiros e/ou da plataforma, cun ancho medio de cinco metros (2,50 en cada marxe) e tamén o rozado de parcelas de titularidade municipal”.

O edil nacionalista dixo que “este Concello é titular dunha rede viaria de considerable extensión, tanto de camiños que dan servizo aos seus 150 núcleos de poboación e ás fincas de uso agrícola das 14 zonas de concentración parcelaria, como aqueles que serven ás fincas de produción forestal. E este contrato ten prevista unha actuación sobre un mínimo de 40 e un máximo de 70 hectáreas de superficie de rozado nas marxes dos camiños de titularidade municipal, o que representa actuar sobre un mínimo de 80 e un máximo de 140 quilómetros”.

O concelleiro de Medio Rural indicou que “o obxecto deste contrato é a realización por medio dunha empresa especializada de parte dos traballos de tratamentos preventivos contra incendios forestais de xeito mecanizado, necesarios en varias vías, camiños e masas de titularidade municipal como complemento ás labores realizadas polos dous tractores propios do Concello que, pola carga de traballo dos mesmos, principalmente durante a tempada estival, imposibilita cumprir en tempo e forma con todas as necesidades de roza das vías e parcelas municipais”.

ATA O 20 DE MAIO PARA PRESENTAR OFERTAS

“Por este motivo resulta imprescindible, como se ven facendo en anos anteriores, contratar a una empresa especializada parte de todos os traballos precisos, á cal se lle encomendarán prioritariamente as vías que veñen formando parte dos convenios asinados coa Consellería do Medio Rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais, e polo que o Concello percibe una axuda da devandita Xunta de Galicia”, explica o edil.

As empresas interesadas en participar neste concurso teñen de prazo ata o 20 de maio para presentar as súas ofertas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...