Mondoñedo eximirá a 75 negocios dos recibos de marzo e abril de lixo e auga

As beneficiarias son as empresas que deberon cesar a súa actividade polo do estado de alarma

Consistorio de Mondoñedo. CONCELLODEMONDOÑEDO.ES

O Concello de Mondoñedo aprobou por unanimidade a adopción dun plan de 50 medidas para facer fronte e minimizar o impacto do Covid-19. Segundo expuxo o goberno local nun comunicado, son “liñas de traballo que toda a corporación considerou axeitadas e que requiriran de execución individualizada en sendos expedientes que levarán o seu propio trámite”.

Entre elas está a exención do pago do recibo dos meses de marzo e abril correspondente ao lixo e a auga. Serán eximidos desta taxa aqueles negocios obrigados ao peche por esta circunstancia.

Os importes desta exención ascenden a 1.803 euros correspondentes ao cobro do servizo de auga e a 3.232 euros no que se refire a taxas pola recollida do lixo.

A Policía Local mindoniense realizou unha listaxe de actividades pechadas durante o estado de alarma, que integran 75 negocios nun principio e que está aberta a incorporacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here