IniciosociedadeSegue o descenso dos infectados por coronavirus na provincia, 72

Segue o descenso dos infectados por coronavirus na provincia, 72

No Hospital da Mariña non hai ingresados a causa da pandemia e nas residencias da bisbarra só se documenta un positivo, en Mirador del Eo

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a minguar, segundo o reconto oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas). A estatística ofrecida este martes recolle 72 positivos, tres menos ca onte.

No Hospital Público da Mariña cúmprense seis días sen ingresados a causa da pandemia. Tres pacientes permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), e outros dous en plantas do centro hospitalario lucense. En Monforte tampouco hai casos, segundo os mesmos datos.

Finalmente, dos 72 casos activos na provincia, documéntanse un total de 67 en domicilio, catro menos ca onte.

No histórico, na área lucense rexistráronse 27 falecementos a causa da pandemia, cinco deles na Mariña Lucense. Unha sexta persoa morreu na Uci de Burela tras ser ingresado por coronavirus e malia superar a doenza. O número de altas ascende a 831 (seis máis ca onte).

607 FALECEMENTOS EN GALICIA, CON 1.136 INFECTADOS

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.136, deles 283 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 190 da de Ourense, 56 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 176 da de Santiago, e 31 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en Uci, 92 están en unidades de hospitalización e 1.029 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.281 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 127.359.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, a Xunta detecta unicamente un residente positivo, na vivenda comunitaria privada Mirador del Eo, en Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...