IniciosociedadeXa pode producirse e venderse semente do pemento de Piñeira, tradicional en...

Xa pode producirse e venderse semente do pemento de Piñeira, tradicional en Ribadeo

A inscrición no Rexistro de Variedades Comerciais favorecerá a conservación deste cultivo

Publicada o

- Advertisement -

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o pasado luns a inscrición definitiva das variedades galegas de pemento Couto Grande e Piñeira no Rexistro de Variedades Comerciais como variedades de conservación. Así, a partir de agora poderanse producir e comercializar as súas sementes, tras anos de trámites.

Ambas variedades caracterízanse por seren pementos de carne media-grosa, de sección case cadrada e de cor verde escura. No caso do Couto Grande, consómese en verde ou maduro, e na variedade Piñeira adoita consumirse en verde, sendo esta última unha variedade moi adaptada para o cultivo ao aire libre en zonas costeiras. Trátase dunha especie con orixe en Ribadeo, na parroquia do mesmo nome.

Cultívase habitualmente ao aire libre. É un pemento grande, cadrado e co ápice afundido con 3-4 cantos. Ten a pel lisa, de cor verde e a carne grosa. É de sabor doce e consómese en verde, cun peso medio de 160 gramos.

“Esta é unha variedade completamente autóctona que, no seu día, supuxo un peso moi importante na economía dos agricultores da localidade. Ribadeo ten uns produtos hortícolas extraordinarios que ben merecen postos en valor, e o o noso pemento é unha delicatessen e debemos valoralo como tal”, asegurou o voceiro do PP na corporación ribadense, Daniel Vega, nunha nota de prensa na que valorou o recoñecemento.

O Concello de Ribadeo, en colaboración co colectivo A Sucadoiraten tamén promocionado esta variedade en eventos como a Feira da Horta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...