PUBLICIDADE
Inicio sociedade Reconto do xoves: 63 positivos na provincia e por debaixo de 1.000...

Reconto do xoves: 63 positivos na provincia e por debaixo de 1.000 en Galicia

Os únicos catro pacientes ingresados na área lucense están no HULA; a nivel galego rexistranse 608 falecementos, 27 deles na provincia

Corredor do Hospital Público da Mariña. AXM

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) computa este xoves 63 casos activos de coronavirus na provincia de Lugo, seis menos ca onte. O Hospital Público da Mariña segue sen ingresados, segundo o reconto oficial ofrecido este mediodía pola Consellería de Sanidade.

Os catro pacientes ingresados a causa da pandemia están no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), tres deles na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e outro en planta. Un total de 59 doentes permanecen illados en domicilio, seis menos có pasado día 20.

No reconto histórico, 27 persoas morreron na provincia por coronavirus, cinco delas na Mariña Lucense, ademais dun sexto paciente que faleceu na Uci despois de ingresar polo virus e superar a doenza. Déronse 844 altas.

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 990, deles 252 son da área da Coruña, 63 da de Lugo, 160 da de Ourense, 50 da de Pontevedra, 273 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 31 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 permanecen en Uci, 72 están en unidades de hospitalización e 905 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.505 persoas curadas, rexistrándose 608 falecementos. O número de PCR realizadas é de 130.424.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da Mariña Lucense, o Sergas contabiliza un único positivo, o dun maior da vivenda comunitaria privada Mirador del Eo, en Ribadeo. Segundo confirmou a propia dirección do centro, o usuario está illado e asintomático desde hai días, e someterase este mesmo xoves ao test.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here