IniciosociedadeO goberno de Viveiro espera que Martín Ledesma estea lista para o...

O goberno de Viveiro espera que Martín Ledesma estea lista para o inicio do curso

Rematou o acondicionamento de Rego das Frores, Alonso Pérez e Jesús Noya, situadas no casco

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro rematou as obras programadas en tres rúas do casco urbano da cidade, Rego das Frores, Alonso Pérez e Jesús Noya. Estas actuacións comezaron a mediados do mes de xullo, ao mesmo tempo que se iniciou a intervención en Martín Ledesma, retomada o pasado luns para repoñer o firme con aglomerado. O goberno local agarda que esta última vía, que dá acceso á zona escolar e aos pavillóns, estea lista para o inicio do curso, o mércores 12 de setembro.

As tres rúas acondicionadas tiñan un pavimento de lousa de formigón armado e rego asfáltico e o firme estaba deteriorado a causa da súa antigüidade. Así, as actuacións consistiron na mellora da capa de rodaxe mediante a aplicación de aglomerado en quente, con dez centímetros de espesor medio. Tamén se procedeu á limpeza das cunetas e ás obras de albanelería necesarias.

A Deputación de Lugo financiou integramente as actuacións, que ascenderon a 57.632 euros.

CORTES POLA VUELTA

O goberno local de Viveiro comunicou tamén que, con motivo do paso de La Vuelta 2018 polo municipio, e segundo a información facilitada tanto pola organización do evento como pola Xunta de Galicia, o vindeiro xoves 6 de setembro, entre as 13.30 e as 16.00 horas, ficarán cortados todos os accesos á estrada xeral (LU-862) dende o cruce de Area ata o do Thalasso Las Sirenas, e o centro do casco urbano ao paso da carreira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...