IniciosociedadeO pastelón "mariñao" de James Rhodes

O pastelón “mariñao” de James Rhodes

O célebre pianista británico amosa de novo a súa querencia pola cultura galega e aposta pola masa follada, tan propia da bisbarra, á hora de facer a súa primeira empanada

Publicada o

- Advertisement -

A admiración do célebre pianista británico James Rhodes por Galicia é ben coñecida. O pasado xoves, o músico, afincado desde hai anos en España, quixo introducirse na cociña galega facendo a súa primeira empanada. Unha receita que non se resistiu a compartir en Twitter.

O artista, autor ademais da recoñecida autobiografía Instrumental, na que explica o poder terapéutico da música para superar os abusos que sufriu na infancia, amosou con fotografías o resultado do seu primeiro esforzo culinario coa empanada. E fixo -seguramente sen intención- todo un guiño á Mariña Lucense, xa que apostou por realizar unha masa follada, como o pastelón tan propio da comarca.

 

Non faltaron os internautas que lle afearon que non usase unha masa de pan, pero unha autoridade na materia deulle o aprobado. O xornalista gastronómico valadourense Miguel Vila Pernas, da revista Ben Bo, lembrou aos internautas que o pastelón “é tan galego como calquera empanada”, e na Mariña “gloria pura”.

 

O AMOADO, ATA DE PICHÓN

Así o atestiguaba Así Falamos na Mariña, a conta dedicada a recoller a fraseoloxía e termos do galego da bisbarra, que concretaba que o pastelón con amoado ou recheo de pichón era o favorito dun mariñao ilustre como o escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...