PUBLICIDADE
Inicio sociedade Os datos do venres: os positivos na provincia baixan a 60, as...

Os datos do venres: os positivos na provincia baixan a 60, as mortes en Galicia aumentan a 610

Non hai ingresados a causa da pandemia no Hospital da Mariña e a presión hospitalaria na área lucense redúcese a tres pacientes

Corredor do Hospital Público da Mariña. AXM

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) documenta 60 casos activos de coronavirus na provincia de Lugo, tres menos ca onte. O Hospital Público da Mariña segue sen ingresados no tocante á pandemia.

Os únicos tres pacientes hospitalizados na provincia -un menos có pasado día 21- permanecen no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), dous na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e un en planta. Fican en domicilio 57 doentes.

No histórico da provincia documéntanse 27 mortes, cinco delas na Mariña -ademais da dun paciente que ingresou por coronavirus aínda que xa superara a doenza cando faleceu na Uci de Burela-, e 852 altas.

A nivel galego, o número de falecementos sube a 610 tralo pasamento dunha muller en Santiago.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da bisbarra, o único positivo confirmado é o dun maior de Mirador del Eo, a vivenda comunitaria privada de Ribadeo. Este usuario, que leva semanas illado e asintomático, realizou a proba o pasado mércores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here