IniciosociedadeAs festas patronais de Ribadeo arrincan a ritmo dos Satélites

As festas patronais de Ribadeo arrincan a ritmo dos Satélites

Este mércores comezan os festexos na honra de Santa María do Campo, que durarán até domingo

Publicada o

- Advertisement -

Tralo pregón, pronunciado o pasado sábado por Carlos Álvarez Lebredo, este mércores comezan as verbenas nas festas patronais de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo. Os Satélites serán os encargados de poñer o ritmo, a partir das 22.30 horas.

XOVES

A xornada festiva do xoves comezará ás 16.00 horas, con teatro en inglés para nenos: ‘Storytime under the sea‘, by Kids&Us Ribadeo. Ás 16.30 empezarán as actividades do parque Diverneno, con inchables e festa da escuma. Neste programa colabora a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa). Marbella, desde as 22.30 horas, amenizará a verbena.

VENRES

O venres 7, véspera do día da patroa, os cocos e cabezudos habitarán as rúas ribadenses desde as 11.30 horas. A partir das 22:30 haberá baile coas orquestras Gran Parada e Ritmo Joven. E ás doce da noite terá lugar a tradicional sesión de fogos artificiais no peirao.

SÁBADO

O sábado 8, día grande, haberá misa ás 12.00 horas, seguida de procesión. A banda municipal de música ofrecerá a continuación un concerto diante do consistorio. Ás 22:30 horas empezará a verbena, que animarán Gran Casino e Ibiza.

DOMINGO

As patronais ribadenses rematarán o domingo 9. La Favorita e Fénix encargaranse da última verbena, de novo desde as 22.30 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...