IniciosociedadeMatemáticos galegos calculan que a prevalencia case dobra a estimada pola Xunta

Matemáticos galegos calculan que a prevalencia case dobra a estimada pola Xunta

O modelo predí que o 1 de xuño os contaxiados serían o 1,995%, preto de 54.000 infectados

Publicada o

- Advertisement -

Un equipo de matemáticos galegos das Universidades de Santiago de Compostela e Toulouse lanzou un sitio web cun novo modelo probabilístico para estimar a propagación real da Covid-19 en España e en cada unha das súas autonomías, ademais de noutros 12 países e a cidade de Nova York (a máis golpeada polo coronavirus en Estados Unidos, o país máis afectado pola pandemia). Mediante gráficos interactivos, mostran a evolución da epidemia e as predicións futuras por porcentaxe de poboación infectada, número de falecidos e número de mortes totais.

Segundo o modelo matemático aplicado por estes investigadores, a día 22 de maio o 1,98% da poboación en Galicia estaría contaxiada; traducido en cifras totais, algo máis de 53.000 persoas, case seis veces máis que as 9.077 infectadas informadas oficialmente até esta data. O modelo predí que o 1 de xuño os contaxiados serían o 1,995%, preto de 54.000 infectados, unha cifra máis similar á das estimacións do Goberno central.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...