IniciosociedadeConvocan concentracións ante as residencias ao "castigar" a Xunta ao persoal "limitando...

Convocan concentracións ante as residencias ao “castigar” a Xunta ao persoal “limitando as súas vacacións”

CIG, CC OO, UGT e CSIC critican que, malia o esforzo realizado durante a crise do Covid-19, Política Social "omite a recuperación das compensacións por festivos e domingos traballados"

Publicada o

- Advertisement -

Os sindicatos CIG, CC OO, UGT e CSIC iniciarán este venres un calendario de concentracións fronte ás residencias de titularidade autonómica, de 11.00 a 11.30 horas, en rexeitamento á instrución remitida por Política Social, que “pretende limitar as vacacións anuais ao persoal que traballa nos centros de maiores e de atención á discapacidade”. Un dos xeriátricos da rede galega é o de Burela, ademais dos existentes nas Gándaras e A Milagrosa (ambos en Lugo) e Monforte, do centro de menores de Santo Anxo de Rábade e do CAPD de Sarria.

Segundo denuncian as centrais sindicais, o texto non recoñece no ámbito laboral o esforzo realizado por estes traballadores durante a crise sanitaria nas últimas semanas, que con todo quedou patente como “esencial” tanto a nivel social como mediático. A Xunta “non só non amplía as vacacións para compensar o sobreesforzo do persoal, senón que omite a recuperación das compensacións -sexan económicas ou de descanso- por festivos e domingos traballados, a redución da xornada anual, non se computan as ‘X’ como días de descanso non solapables e tampoco se compensan os días 24 y 31 como festivos e inhábiles”, entre outros.

SEN POSIBILIDADE DE ESCOLLER O CALENDARIO VACACIONAL

A instrución representa, ao seu xuízo, un intento de “recorte”, ao negar a posibilidade de acomodar os períodos vacacionais en función do V Convenio Colectivo e as Instrucións da Dirección Xeral de Función Pública.

A CIG sostén que os centros residenciais “foron duramente afectados pola crise sanitaria do coronavirus pola súa especial vulnerabilidade tanto polas persoas usuarias a que prestan servizo como pola cantidade de persoal e usuarias que conviven nestes espazos. Mentres, a Xunta mantivo e mantén unha actitude impositiva e autoritaria arrasando cos dereitos laborais. Así modificou unilateralmente as suas condicións de traballo coa imposición de quendas longuísimas (de ata 38 horas consecutivas) e obrigou incluso a traslados forzosos a centros de titularidade privada xustificándoo na necesidade de ofrecer solución á emerxencia social e sanitaria”, indica a CIG.

“Vimos padecendo un montón de recortes desde 2012 e malia a situación vivida polo coronavirus aínda a estas alturas o persoal de Política Social non sabe cando vai poder solicitar as súas vacacións”, lamentan desde UGT, que afirman que asegura que o borrador de descansos proposto pola Xunta “prexudícanos moito e parécenos un castigo“.

As centrais solicitan a retirada do borrador. “Solicitamos que os aplausos da cidadanía se convirtan en realidades beneficiosas para o persoal que atende ás persoas máis vulnerables, e que non se siga castigando aos traballadores de Política Social, que merecen respecto”, argumentan desde UGT.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...