Diario da desescalada: a cura de humildade que trouxo o coronavirus

A sociedade busca respostas e solucións inmediatas para seguir facendo o que facía e tal como o facía; resistímonos a crer que imos cara un novo mundo

Cadeiras dunha terraza en Viveiro. AXM

O coronavirus está sendo unha lección constante de humildade que non parece que queiramos entender. A sociedade busca respostas e solucións inmediatas para seguir facendo o que facía e tal como o facía. Quérese volver á normalidade, pero seguimos sabendo pouco da Covid-19, porque cada día se transmite dunha maneira distinta, cada día desdise o que se dixo a semana anterior e espérase con estrés unha vacina como única solución para sentir que xa non hai perigo. A vacina sería a garantía total nunha sociedade que sempre quere garantías e solucións que lle veñan dadas. E aí debería de estar a OMS, organismo que ensina cada día a súa incapacidade e que precisa dunha reinvención urxente que demostre en que se invirten os cartos neste mundo.

Preme abaixo para ler unha nova entrega do Diario da Desescalada, de Lugo Xornal, Xornal de LemosXornal da Mariña.

Diario da desescalada: Mestura de sensacións e incerteza

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here