IniciosociedadeTrinta e nove positivos na provincia; o martes faleceu en Lugo a...

Trinta e nove positivos na provincia; o martes faleceu en Lugo a vixésimo oitava vítima do Covid-19

O Hospital da Mariña e as residencias da bisbarra seguen sen casos de Covid-19; o número de infectados en Galicia baixa dos 700

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia mantense estable, con 39 infectados, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Sergas. O pasado martes faleceu a vixésimo oitava vítima da pandemia na área lucense, unha muller de 76 anos ingresada no HULA.

O Hospital Público da Mariña segue sen ingresados con Covid-19. A única persoa hospitalizada na provincia permanece nunha planta do HULA. En domicilio documéntanse 38 casos, un máis ca onte.

Dos 28 falecidos na provincia por mor do coronavirus, cinco eran da provincia de Lugo, ademais dunha sexta vítima mortal que pereceu na Uci de Burela malia superar a doenza durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 883 altas.

617 FALECEMENTOS E 10.033 ALTAS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 678, deles 147 son da área da Coruña, 39 da de Lugo, 60 da de Ourense, 25 da de Pontevedra, 257 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en Uci, 28 están en unidades de hospitalización e 649 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.033 persoas curadas, rexistrándose 617 falecementos. O número de PCR realizadas é de 145.644.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...