IniciosociedadeO comercio de Xove marchará pola continuidade do aluminio o sábado

O comercio de Xove marchará pola continuidade do aluminio o sábado

Os empresarios queren reivindicar a produción do metal como "motor económico da comarca" e convidan á veciñanza a participar

Publicada o

- Advertisement -

O comercio e as empresas de Xove convocaron unha marcha a favor da continuidade do aluminio na Mariña Lucense, á que convidan a sumarse “a todos os que queiran acudir independientemente de onde sexan”. A protesta sairá ás 13.00 horas desde a entrada da vila (á altura de Establecementos Rey), percorrendo a Avenida da Deputación (en dirección Burela) para rematar na rotonda de Beltrán.

Previamente, sobre as 12.50 horas, un grupo de vehículos de empresas establecidas en Xove van sair dende o Polígono Industrial de Camba ata chegar ao inicio da marcha, á cal van acompañar ata o final.

A organización pide que tódolos participantes vaian vestidos de negro, ou que polo menos leven unha camisa ou camisola desa cor.

O motivo é reivindicar o aluminio “como principal motor económico da nosa comarca. Un importantísimo porcentaxe da nosa poboación vive, directa ou indirectamente, do sector, de aí a importancia que ten para todos nós a continuidade da súa producción”, resaltan os promotores da manifestación.

En canto ao tráfico, durante a duración da  marcha vaise cortar o tramo da estrada LU-862 dende a Rotonda de Parceiros ata a glorieta de Beltrán, en ambos os dous sentidos.

CRÍTICAS AO CONCELLO POLO USO DAS REDES

Por outra banda, o BNG de Xove criticou a través dun comunicado o “uso partidista” das redes sociais municipais, “que deberan representar a toda a veciñanza”, por parte do Concello de Xove en temáticas como Alcoa ou a crise do Covid-19, lamentando a “falta de seriedade institucional”, pois “chegáronse a difundir titulares baseados en conxecturas xornalísticas que non achegan máis que incerteza e desconcerto”, argumentan os nacionalistas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...