IniciosociedadeMínimo repunte dos positivos na provincia tras 16 días en descenso ou...

Mínimo repunte dos positivos na provincia tras 16 días en descenso ou estabilidade

Documéntanse 31 casos de coronavirus na área lucense, un máis ca onte; o número de infectados en Galicia cae a 503

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia repuntou de xeito mínimo despois de 16 días de descenso ou estabilidade. Desde o 24 de maio, cando se documentaban 58 positivos na área lucense, a cantidade de infectados non subía respecto ao reconto oficial do Sergas da xornada anterior. A estatística deste martes documenta 31 contaxiados, polos 30 de onte.

O Hospital Público da Mariña non ten ingresados por Covid-19 e as residencias da bisbarra están tamén libres de coronavirus segundo a información oficial da Consellería de Sanidade. O único hospitalizado na provincia por mor do virus permanece en planta do HULA, e documéntanse 30 casos -un máis- en domicilio.

No histórico da provincia documéntanse 28 falecementos, cinco deles na Mariña, ademais dunha sexta vítima mortal que faleceu na Uci de Burela malia superar o virus durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 899 altas.

A área lucense é a única na que repuntan os casos de Covid-19. En Galicia documéntanse 503 casos activos, cun histórico de 618 falecementos e 10.275 altas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...