Diario da desescalada: volver comer fóra da casa

Como din as normas non escritas do ‘xeito de ser galego’ tes que dicir que non fagan nada dúas veces polo menos para non parecer un aproveitado

Área exterior dun restaurante. AXM

Este pasado domingo saín da casa pola tarde. O de saír xa non é novidade ningunha, seino, pero para min foi o primeiro día que comía fóra da casa dende que se decretou o estado de alarma.

Quedei cun amigo para tomar algo tranquilos e falar. Deunos por ir a un restaurante que ten piscifactoría propia onde se poden mercar troitas e anguías pero tamén se poden pescar e comer alí. Ten comedor interior e tamén fóra nunha ampla zona de mesas á sombra das árbores e co murmurio do río de fondo. Un lugar ideal para comer ben, tranquilos e ao fresco.
En realidade non contabamos con comer. Pero as donas exerceron de galegas e acabaron traendo racións. Como din as normas non escritas do ‘xeito de ser galego’ tes que dicir que non fagan nada dúas veces polo menos para non parecer un aproveitado e un desvergoñado.
Preme abaixo para seguir lendo unha nova entrega do Diario da Desescalada, escrito por Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.

 

Diario da desescalada: “Foron como unhas vacacións para nós”

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here