Anda meu irmán moi preocupado estes días por vivir grandes historias aleatorias para contarlles aos seus futuribles netos o día de mañá. Se non fai as fateadas agora que é mozo, cando as vai facer?, pregúntase o demo do rapaz. Xa se sabe: o que de novo non tolea, de vello perde a cabeza.
E a situación axuda. O domingo previo á entrada na fase 3, antoxábaselle coller o coche e marchar ás dez e pico da noite cara a Santiago de Compostela. O rapaz, aduaneiro coma el só, quería chegar aló, ver a catedral e media volta para a casa sen máis dilación. “Se marchamos agora, á medianoite xa estamos no límite entre Palas e Melide e xa podemos cruzar”, rosmaba.
Non fomos, claro. Pero ao día seguinte o home seguía coa teima de arrincar no coche e emprender viaxe. Accedín.
Preme abaixo para ler completa a nova entrega do Diario da Desescalada, de Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña. Escribe Silvia López.