IniciosociedadeCríticas dos Concellos do litoral á Xunta por custear menos socorristas: "a...

Críticas dos Concellos do litoral á Xunta por custear menos socorristas: “a seguridade non estará garantida”

A alcaldesa de Barreiros e o rexedor de Foz lamentan que os gobernos locais afrontarán un verán incerto con máis carga sobre as arcas municipais, que sentiron a crise do Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

Foz e Barreiros foron dous dos municipios máis prexudicados nos últimos anos no reparto das axudas da Xunta de Galicia para contratar socorristas. Son dous concellos que teñen un importante número de praias e que multiplican a súa poboación en verán –no termo municipal focego documentáronse consumos de auga de entre 25.000 e 30.000 persoas nos picos de agosto, cando a poboación anual non chega a 10.000-, pero se ben no 2018 recibiron subvencións do Goberno autonómico para incorporar 19 e 16 vixiantes, respectivamente, este ano terán orzamento para empregar a seis.

Nos últimos dous veráns, a Xunta optou por reforzar a vixiancia nas áreas fluviais e piscinas do interior da provincia a costa de reducir o número de socorristas que custea no litoral. Gobernos como o de Foz ou o de Barreiros séntense abandonados pola Administración autonómica ante un verán que se prevé complexo por mor do coronavirus.

“TRATAR IGUAL A QUENES SOMOS DESIGUAIS É DESIGUALDADE”

“Tratar igual a quenes somos desiguais é desigualdade“, argumenta a alcaldesa de Barreiros, a nacionalista Ana Ermida.

O municipio barreirense, que por primeira vez en anos contará con bandeiras azuis, solicitou achega para financiar 20 socorristas; Ermida dubida incluso de que os 18.000 euros ofrecidos pola Xunta “sexan suficientes para cubrir o custo de seis vixiantes”, e calcula que o verán pasado o gasto en persoal para controlar as praias ascendeu a 44.000 euros.

“Con seis persoas non chega para cubrir nin un terzo dos areais; lembramos que estes traballadores teñen que ter os seus días de descanso. Isto obrigaranos a acotar moitísimo as zonas de baño”, lamenta.

ERMIDA PREGUNTA POLOS CRITERIOS DAS AXUDAS

As praias son as mesmas, non entendemos que cambiou” para minguar a axuda, remarca a rexedora barreirense, que se pregunta “cales son os criterios obxectivos” para a concesión das subvencións, lembrando, por exemplo, que Barreiros conta con máis de oito quilómetros de costa.

SEN COMUNICACIÓN OFICIAL

O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, lamenta de igual modo “as formas” da Xunta, dado que “preguntamos esta mesma mañá por esta subvención e aínda non se nos comunicou”. O goberno focego solicitara financiamento para 20 socorristas e o Goberno autonómico concedeulle para seis, o que o rexedor considera “un agravio comparativo” con outros municipios, dado que “somos o maior número de bandeiras azuis da provincia, con distincións para Llas, Peizás, Areoura, As Polas e A Rapadoira“.

“No 2017 e no 2018, co goberno local do PP, recibimos 16 socorristas e agora seis; isto non chega nin para garantir a vixiancia e a seguridade nas praias”, critica. “En tempos do coronavirus, preocúpanos moito a seguridade, e verémonos obrigados a completar con fondos propios a rebaixa destas subvencións; xa vimos de afrontar coas arcas municipais unha crise sanitaria”, lembra.

FOZ DISPORÁ SENTIDOS ÚNICOS DE ACCESO E SAÍDA NOS AREAIS

Cajoto sostén que este verán “sinalizaremos as praias convintemente, disporemos sentidos únicos de acceso e saída das praias, pero cremos que o traballo fundamental de control corresponde aos socorristas”.

CONSERVAR AS BANDEIRAS AZUIS, “IMPOSIBLE”

O ano pasado, o goberno de Foz renunciou ás bandeiras azuis ao non contar co número de socorristas suficiente, coa intención de ter vixiantes no maior número de areais posible. Este ano, prevé, será similar. “O ano pasado fomos capaces de contratar doce, que sempre é complicado pola falta de demanda, e neste exercicio tampouco poderemos chegar desta maneira aos 20, así que tentaremos ter socorrismo nas cinco praias”, remarcou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...