IniciosociedadeSete casos menos de coronavirus na provincia, para un total de 22

Sete casos menos de coronavirus na provincia, para un total de 22

O número de infectados en Galicia cae a 357; non hai ingresados no Hospital da Mariña nin tampouco contaxiados nas residencias da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue en descenso, segundo o reconto oficial ofrecido este venres polo Sergas. A Consellería de Sanidade documenta sete positivos menos ca onte, para un total de 22.

O Hospital Público da Mariña segue sen ingresados por Covid-19 e tampouco hai infectados nas residencias da bisbarra, segundo a mesma fonte. O único hospitalizado a causa da pandemia permanece nunha planta do HULA. Contabilízanse 21 pacientes en domicilio, sete menos ca onte.

No histórico da provincia houbo un total de 28 falecementos, cinco deles na Mariña, ademais dunha sexta vítima mortal que morreu na Uci de Burela malia superar o virus no seu período da unidade de críticos da Mariña. Déronse 913 altas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 357; deles, 105 son da área da Coruña, 22 da de Lugo, 28 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 148 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 349 no domicilio. Non hai pacientes positivos en Uci. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.470 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 156.036.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...