IniciosociedadeNova concentración do persoal da residencia de Burela para reclamar "os dereitos...

Nova concentración do persoal da residencia de Burela para reclamar “os dereitos roubados”

CIG, CC OO, UGT e CSIF esíxenlle á Xunta que negocie cun persoal que asumiu o coidado das persoas máis vulnerables durante a crise sanitaria do coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

A residencia de Burela, de titularidade autonómica, acolleu o pasado xoves unha nova concentración do persoal do xeriátrico pola recuperación dos dereitos laborais “roubados” no 2012. Os sindicatos CIG, CC OO, UGT e CSIF coinciden en reclamar á Xunta de Galicia que sente a negociar as reivindicacións das centrais.

Entre elas están o incremento de prazas públicas e de xestión directa, a recuperación das compensacións por domingos e festivos traballados, a transformación de todos os contratos de fin de semana ou inferiores en xornada completa e a posta en valor, coa mellora das condicións laborais, do esforzo realizado polos traballadores durante a crise do coronavirus, na que atenderon á poboación máis vulnerable.

Trátase da terceira protesta convocada polos sindicatos, que de continuar a Xunta na súa postura continuarán o vindeiro xoves as mobilizacións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...