IniciosociedadeO Hospital Público da Mariña non rexistra doentes con COVID-19

O Hospital Público da Mariña non rexistra doentes con COVID-19

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte mantén un hospitalizado por coronavirus no HULA.

Publicada o

- Advertisement -

O Hospital Público da Mariña non rexistra ningunha persoa con Covid-19 este sábado 13 de xuño. Así, xunto ao hospital de Monforte, son os dous da área sanitaria que non teñen afectados polo coronavirus.

O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) mantén unha persoa hospitalizada por coronavirusNon hai ingresos nas UCI dos diferentes hospitais da área sanitaria.

Por outra parte, o número de casos activos é de 22 en toda a área, sen rexistrarse variacións a respecto do pasado venres 12 de xuño.

O número total de falecidos na provincia é de 28, as altas rexistradas son 913 e o número total de casos, contando falecementos son 963.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...