IniciosociedadeReconto do luns: 20 positivos na provincia, un menos, e 348 en...

Reconto do luns: 20 positivos na provincia, un menos, e 348 en Galicia

Segue o paulatino descenso dos casos de coronavirus, sen incidencia polo momento no Hospital da Mariña nin nas residencias da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a minguar, dun xeito paulatino. O reconto oficial ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) no mediodía deste luns contabiliza un total de 20 positivos, un menos ca onte. O Hospital Público da Mariña segue sen ingresados por Covid-19 e tampouco se documentan infectados nas residencias da bisbarra.

Os únicos dous hospitalizados por mor da pandemia na provincia permanecen en plantas do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). A cifra de ingresados non varía, si a de pacientes en domicilio, cun total de 18, un menos có pasado domingo.

No histórico da provincia houbo 28 falecementos por mor do virus, cinco deles na Mariña Lucense, ademais dunha sexta vítima que faleceu na Uci de Burela tras ingresar por Covid-19 e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 916 altas.

A nivel galego, o número de casos activos descendeu a 348. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...