A Deputación ofrece atención profesional a 53 maiores de Riotorto

O servizo de axuda no fogar atende a 49 persoas e catro son beneficiarias da teleasistencia

Os servizos sociais da Deputación atenden a 53 maiores en Riotorto. AXM

Un total de 53 maiores de Riotorto desfrutan de atención profesional mediante a Teleasistencia e o Servizo de Axuda no Fogar que impulsa a Deputación de Lugo, cun investimento de 24.000 euros.

Deses 53 anciáns, 49 veciños benefícianse do servizo de axuda no fogar (SAF) e outros catro da teleasistencia, gratuíta e dirixida ás que sofren algún tipo de limitación en canto á súa autonomía. Esta prestación está operativa 24 horas

No tocante ao SAF, o goberno provincial sufraga, nos 66 municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia, os gastos de persoal do servizo a domicilio, como o acompañamento a citas médicas, entre outras cuestións, que redunden na mellora da atención profesional aos usuarios deste servizo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here