IniciosociedadeDiario da nova normalidade: que país queremos ser?

Diario da nova normalidade: que país queremos ser?

Segundo a provincia non foi excesivamente castigada na crise sanitaria pode selo na socioeconómica

Publicada o

- Advertisement -

No segundo día de nova normalidade e coa situación sanitaria controlada, de momento, é importante comezar a pensar nas consecuencias socioeconómicas. Parece ser que a crise a este nivel andará polo pico da curva despois do verán, para manterse durante moito tempo. E segundo a provincia non foi excesivamente castigada na crise sanitaria pode selo na socioeconómica, porque ao coronavirus súmase a situación de Alcoa na Mariña, empresa que se estima supón o 30% do PIB industrial da provincia e que durante a desescalada anunciou máis de 500 despidos directos e máis de 400 externos.

“Facemos una instalación espectacular para privatizala e en 40 anos pechala, que sentido ten? Que sistema de país queremos?,” dime á outra banda do teléfono, “Que facemos coas nosas producións industriais? Deixamos o país só para o turismo para que outros que producen veñan aquí pasalo ben? Que queremos ser?”, pregunta un dos obreiros afectados polo despedimento colectivo anunciado pola multinacional na planta de aluminio.

Preme abaixo para ler completa a nova entrega do Diario da nova normalidade, escrito por Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña.

Diario da nova normalidade: Non tivemos máscaras e agora non teremos aluminio

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...