IniciosociedadeO goberno de Barreiros reduce en 678.000 euros as facturas pendentes

O goberno de Barreiros reduce en 678.000 euros as facturas pendentes

O Concello destaca que, malia que o resultado da conta xeral segue a ser negativo, mellorou con respecto ao 2018 en 150.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros celebrou o pasado luns una comisión para someter a informe a Conta Xeral do ano 2019.

Con respecto ao mencionado exercicio, a alcaldesa de Barreiros, a nacionalista Ana Ermida, sinala que “a pesar de que o resultado é aínda negativo, o control de gasto que se implantou desde xuño de 2019 supuxo que o produto anual mellorara con respecto ao 2018 en 150.000 euros”.

O propio informe da secretaría-intervención municipal que acompaña a conta xeral sinala que “está claro que o orzamento do ano 2019 estaba xa practicamente esgotado o 29 dese ano” e insiste en que “dende o mes de maio se produciu unha diminución importante do gasto, sobre todo do gasto corrente, xa que existe un control a través de retencións de crédito, que antes non existía”.

Ermida explica que “ese control de gasto que se fixo para evitar despilfarros e gastos innecesarios supuxo mellorar os resultados con respecto ao 2018 en 150.000 euros, a pesar do descontrol de gasto do primeiro semestre do ano que tivo que ser corrixido polo novo goberno local”.

Ademais do resultado do 2019, a alcaldesa asegura que “fronte ás facturas pendentes de pago por importe de máis de 1.010.000 euros que atopamos hai xusto un ano ao entrar no goberno, neste momento estanse pagando os recibos dentro do mes de presentación e quedan pendentes de aprobar facturas do 2019 por importe de 322.000 euros”.

A alcaldesa sostén que esa redución do gasto “fíxose priorizando necesidades e traballando como debe facelo calquera administración pública: contrastando orzamentos e adecuando os gastos ás necesidades reais do municipio”.

A EXPOSICIÓN PÚBLICA DURANTE 15 DÍAS

Tras o trámite da comisión de contas, o documento someterase a exposición pública durante os vindeiros 15 días, podendo presentarse alegacións ao mesmo durante eses 15 días e oito máis, para despois ser debatida e aprobada en pleno e enviada aos órganos de control económico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...