O Concello alivia a acumulación de lixo en Ribadeo con recollidas selectivas

O goberno local agardou a que finalizasen os prazos estipulados no convenio coa adxudicaria, en proceso concursal, para contratar a unha empresa de xeito provisional

Contedores en Ribadeo. AXM

O Concello de Ribadeo contratou de xeito excepcional a unha empresa para que realice durante uns días recollidas selectivas do lixo acumulado nos contedores amarelos. Os problemas de acumulación de residuos comezaron días atrás, cando a empresa adxudicataria do servizo, Soil Recovery, deixou de exercer o seu cometido ao estar inmersa nun proceso concursal.

O Concello explica que non puido actuar con maior rapidez porque “hai que aterse aos contratos asinados e aos prazos marcados”, explicou Jorge Díaz Freije, edil de limpeza viaria e xestión de residuos. Unha vez finalizada a data límite, o goberno local actuou “por cuestións de salubridade”, admite o concelleiro.

os traballos comezaron este mércores e o concello agarda que os colectores “estean o venres nas mellores condicións posibles”

A recollida de lixo comezou na tarde deste mércores. Unha empresa contratada de forma provisional está a traballar nos contedores amarelos do casco urbán e da zona rural, coa intención de que “o venres estean todos os colectores nas mellores condicións posibles”.

o edil lembra que haberá que sacar de novo o servizo a concurso e lembra que “imos estar así durante un tempo”

CONCURSO

O concelleiro lembra que unha vez o proceso remate o goberno local deberá sacar de novo o servizo a concurso, cuns prazos marcados, polo que “imos estar así durante un tempo. Pedimos desculpas pola imaxe e pola situación xerada, pero a responsable é a empresa que deixou de prestar o servizo”.

CARTÓN

A recollida de cartón porta a porta segue adiada por agora, segundo informou o Concello.

CRÍTICAS DO PP

O PP de Ribadeo sinala que a empresa adxudicataria tamén prestaba servizo en Foz, “e podemos ver a xestión que se fixo nese municipio e o que ocorreu no noso, pois en plenas festas patronais de Santa María do Campo a vila daba asco, pois tiña montóns de residuos amontoados”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here