IniciosociedadeReconto do domingo: estabilidade na provincia con 17 casos, 340 en Galicia

Reconto do domingo: estabilidade na provincia con 17 casos, 340 en Galicia

Apenas hai variacións nos datos de infectados; Hospital da Mariña e residencias seguen libres de coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense estable por segundo día consecutivo, con 17 positivos documentados segundo o reconto oficial ofrecido este domingo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña. O único hospitalizado na área lucense por mor da pandemia permanece nunha planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 16 pacientes son atendidos en domicilio. Tampouco se detectan contaxios nas residencias da bisbarra.

No histórico da provincia recóllense un total de 28 falecementos, cinco deles na Mariña Lucense, ademais dunha sexta vítima mortal falecida na Uci de Burela tras superar o virus durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 921 altas.

En Galicia son 340 casos activos, segundo o mesmo reconto do Sergas. Faleceron polo virus na comunidade 619 persoas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...