IniciosociedadeEstabilidade na provincia, con 17 casos, e 343 positivos en Galicia tralo...

Estabilidade na provincia, con 17 casos, e 343 positivos en Galicia tralo rebrote no Barbanza

O único hospitalizado por Covid-19 na área lucense permanece nunha planta do HULA

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense estable por terceiro día consecutivo, segundo o reconto oficial ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son 17 os positivos documentados na área lucense pola Consellería de Sanidade.

O Hospital Público da Mariña continúa sen ingresados por Covid-19, segundo a mesma fonte. O único hospitalizado por mor do virus na área lucense permanece nunha planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 16 pacientes son atendidos en domicilio.

Tampouco se documentan casos de coronavirus nas residencias da bisbarra.

No tocante á pandemia, o Sergas contabiliza 28 falecementos na área lucense, cinco deles na Mariña, ademais dunha sexta vítima mortal que faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 921 altas.

A nivel galego, o número de casos activos sitúase en 343 tralo rebrote no Barbanza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...