IniciosociedadeReconto do martes: estabilidade na provincia, con 17 casos, e 335 positivos...

Reconto do martes: estabilidade na provincia, con 17 casos, e 335 positivos en Galicia

É o cuarto día consecutivo sen variacións do número de infectados na área lucense

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense estable por cuarto día seguido. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) documenta 17 positivos na área lucense no reconto oficial ofrecido este martes.

Non hai ingresados por Covid-19 no Hospìtal Público da Mariña. O único hospitalizado por mor da pandemia na área lucense permanece nunha planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Dezaseis pacientes son atendidos en domicilio, igual ca onte.

Tampouco se detectan positivos nas residencias da bisbarra.

No histórico da provincia a Consellería de Sanidade contabiliza 28 falecementos, cinco deles na Mariña, ademais dunha sexta vítima mortal que faleceu na Uci de Burela despois de ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 921 altas.

En Galicia, o número de casos descendeu despois do rebrote no Barbanza. O Sergas documenta 335 persoas infectadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...