A Mariña recibe 27 bandeiras azuis para praias, portos deportivos, sendeiros e centros de visitantes

Boa parte dos 18 distintivos para areais están en entredito ante a dificultade dos Concellos para contratar socorristas, situación que agrava a mingua da axuda da Xunta de Galicia

Entrega das bandeiras azuis na praia de Xilloi. AXM

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, entregou na mañá deste martes no areal vicedense de Xilloi as 27 bandeiras azuis que locirán na Mariña Lucense, 18 delas en praias e as restantes en portos deportivos, sendeiros e centros de visitantes. A cantidade acadada dos distintivos que concede cada verán a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac) fala da calidade dos espazos naturais e instalacións da bisbarra, pero probablemente boa parte deses galardóns non serán izados, ante a dificultade dos gobernos locais para contratar o número suficiente de socorristas.

TODOS OS MUNICIPIOS OBTIVERON GALARDÓNS PARA ALGÚN DOS AREAIS

Representantes dos gobernos locais do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros -que solicitou a concesión de distintivos tras varios anos sen facelo- e Ribadeo recibiron as bandeiras. Con todo, os executivos locais focego, burelao, barreirense ou ribadense dubidaron de poder manter os títulos ante a redución da axuda para contratar socorristas por parte da Xunta de Galicia, que nun prazo de dez anos pasou de financiar 78 vixiantes a 38 no litoral mariñao.

O CORONAVIRUS REQUIRE INTENSIFICAR AS MEDIDAS DE SEGURIDADE

A dificultade para contratar profesionais do socorrismo é cada vez maior pola esixencia da titulación, a estacionalidade do traballo, o risco que afrontan os vixiantes e tamén pola cada vez menor axuda do Goberno autonómico, que supón que os Concellos teñan que asumir ano a ano unha maior parte do gasto neste apartado. Farano de novo nun verán que se presume especialmente complicado pola xestión do coronavirus, que obriga a incrementar as medidas de seguridade.

LISTADO DE BANDEIRAS AZUIS DA MARIÑA EN 2020

Concello
Praia
Barreiros
Acantilado- Remior
Coto
Fontela- Valea
Burela
A Marosa
O Portelo
Ril
Cervo
O Torno
Foz
A Rapadoira
Areoura
As Polas
Llas
Peizás
O Vicedo
Abrela
Xilloi
Ribadeo
As Catedrais
Os Castros- Illas
Viveiro
Area
Xove
Esteiro
Total LU (concellos): 8
18 areais

Lugo
Burela
Centro de Educación Medioambiental Gaia
Barco Museo Reina del Carmen
Cervo
Carpintería de Ribeira Francisco Fra

Concello
Nome do sendeiro
Burela
Sendeiro Azul Ruta do litoral burelés
Cervo
Sendeiro azul O Torno
Foz
Paseo Ruta das praias de Foz (NOVO)
O Vicedo
Sendeiro Praia da Abrela- Punta Socastro (Fuciño do Porco)
Ribadeo
Ruta do Faro de Illa Pancha e As Aceas

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here