IniciosociedadeO alcalde confirma que non se detectaron casos de coronavirus en Ribadeo

O alcalde confirma que non se detectaron casos de coronavirus en Ribadeo

As residencias do municipio, tamén a de Foz, suspenderán as visitas por precaución ante os dez positivos documentados na Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, confirmou no mediodía deste xoves que non se documentan casos de coronavirus no municipio. Fíxoo para acalmar a alarma social sobre un posible brote neste termo municipal, despois de que se detectaran dez novos positivos na Mariña Lucense, entre eles oito nun núcleo familiar de Xove.

“Consultado coa Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo, infórmanme a esta hora que non hai ningún caso no municipio”, aseverou.

O rexedor admitiu “que a situación é moi cambiante”, polo que “ninguén pode asegurar o que vai pasar mañá”. Deste xeito, instou á veciñanza, ademais de a aqueles “que veñan visitarnos nos vindeiros tempos“, a “ser prudentes” e “traballar como sociedade” para que “o esforzo terrible realizado durante o confinamento non sexa en balde”. Pediu así “non relaxar as medidas de distancia física nin permitir nin participar en aglomeracións”.

Neste sentido, a concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, anunciou que quedan suspendidas as visitas no centro de atención a persoas maiores (nova residencia) e no Hospital Asilo co obxectivo de velar pola seguridade dos usuarios e usuarias e tamén dos traballadores destas instalacións.

Segundo confirmaron desde a residencia de Foz, o xeriátrico focego tamén suspenderá as visitas polo de agora ante este brote na Mariña Lucense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...