Sanidade iniciará na Mariña un cribado das residencias tralo brote detectado

Ningún dos 18 positivos detectados na bisbarra ten vinculación cos xeriátricos, segundo a Xunta

Desinfección na residencia de Burela. AXM

A Consellería de Sanidade iniciou esta semana a segunda onda de probas de cribado de coronavirus nas residencias de maiores galegas, un proceso que, no caso de Lugo, priorizou a zona da Mariña Lucense, tralo brote detectado en Xove. A Xunta de Galicia admitiu este venres a existencia de 18 positivos na bisbarra, con dous focos que poderían ter relación, segundo a o Goberno autonómico.

Así o explicou este venres o conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña, que indicou que, tras a primeira onda de probas a traballadores e usuarios de residencias para detectar a presenza de coronavirus, esta semana iniciouse a “segunda rolda”, que fará PCR nas residencias de toda a comunidade.

Con todo, dado o brote detectado recentemente na zona de Xove decidiuse que o cribado nesta área comece precisamente pola Mariña e, mentres non se obteñan os resultados, cun “afán preventivo”, manteranse pechadas as visitas a estes centros. “Non porque teñamos ningún indicio de que ningún caso dos positivos teña relación coas residencias”, dixo o conselleiro, que vinculou esta decisión para esperar os resultados do cribado, que estarán en “uns días”, e ao “afán preventivo” e de “protección” dos maiores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here