Actualización: seguen a aumentar os positivos no brote de coronavirus da Mariña, 28

As probas realizadas na mañá deste luns documentaron tres novos positivos de Covid-19 na bisbarra; 27 infectados permanecen confinados e un no Hospital

Hospital Público da Mariña. PLATAFORMA

A Consellería de Sanidade informou a través dun comunicado de prensa de que, nestes momentos, segundo as probas realizadas na mañá deste luns, confírmanse outros tres casos positivos de persoas afectadas por coronavirus na comarca de da Mariña Lucense, o que eleva a 28 o número total de casos detectados nesta zona.

O primeiro caso detectouse na tarde do pasado martes 23 de xuño, nun núcleo familiar do concello de Xove. A partir desta confirmación inicial, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se foron vendo afectadas. Despois de localizar un novo foco de Covid-19 nun bar de Burela, “ata o momento, mediante as probas realizadas, confírmase a existencia de 28 positivos”, expón o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Estes dous núcleos están relacionados, polo que os 28 infectados gardarían algún tipo de conexión, segundo o Sergas.

Dos 28 casos positivos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Unha das persoas con resultado positivo, un home de 71 anos residente en Burela, está ingresada no Hospital Público da Mariña, en planta e estable. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio.

A Consellería de Sanidade leva rastrexado ata o momento “a máis de 300 persoas” relacionadas con este brote e séguense a investigar posibles novos contactos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here