Simón, sobre o brote na Mariña: “non é preocupante pero hai que manexalo con coidado polo volume de casos”

O director do Centro de Control de Alertas e Emerxencias Sanitarias sitúa o núcleo de Covid-19 da bisbarra, con alomenos 28 infectados, entre os once "de interese especial" para o Goberno

Fernando Simón, nunha rolda de prensa. EFE

O brote da Mariña Lucense, con polo de agora 28 positivos confirmados, segundo os datos reportados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), é un dos once brotes activos -dos 51 “sen pechar” que hai en España- “de interese especial” para o Ministerio de Sanidade, segundo explicou o director do Centro de Control de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, nunha rolda de prensa celebrada este luns.

Simón referiuse en conxunto ao brote da bisbarra e a outro de Murcia, ambos de caracter “familiar ou familiar-comunitario”, que “non son de especial preocupación” pero que hai que “manexar con moito coidado polo volume de casos de que se notificaron”. Simón remarcou que a maioría dos contaxiados “son asintomáticos” -na comarca serían 27 dos 28 segundo o Sergas, dado que só hai unha persoa ingresada por este motivo no Hospital Público da Mariña-, “e probablemente antigos. Estamos esperando os resultados dos anticorpos”, explicou.

Os principais núcleos identificados polo Sergas, nunha familia de Xove e nun bar de Burela, dous focos que segundo a Consellería de Sanidade teñen vinculación, deixaron positivos en varios municipios da bisbarra. Segundo a Xunta de Galicia realizáronse máis de 300 probas, con decenas de persoas que permanecen por precaución en corentena.

No outro brote localizado en Galicia, no Barbanza, detéctanse sete casos, segundo a Xunta, dous menos do tope de nove documentados.

Simón destacou como de especial interese brotes como os de Aragón, Lleida, Valladolid ou Málaga.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here