IniciosociedadeGobernos e comercio da Mariña apoian a convocatoria de folga do comité...

Gobernos e comercio da Mariña apoian a convocatoria de folga do comité de Alcoa

Viveiro fletará un autobús para a protesta de Santiago e pechará as instalacións, ao igual que Xove e Cervo; o comercio cesará a súa actividade na xornada reivindicativa

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro porá un autobús a disposición das persoas que queiran asistir á manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro mércores 1 de xullo, ás 12.00 horas, en apoio aos traballadores de Alcoa, que reclamarán ante a sé da Xunta de Galicia a continuidade da factoría e o mantemento de todos os postos de traballo, despois do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional, que suporía máis de 900 despedimentos.

Este autobús sairá ás 08.30 horas da estación de autobuses de Viveiro. Ten un total de 55 prazas e será obrigatorio o uso de máscara durante todo o traxecto. As persoas que queiran facer uso deste servizo deben reservar a súa praza chamando ao teléfono 982.560.128 ou enviando un correo electrónico ao enderezo apuntesviveiro@viveiro.es.

O goberno viveirense reivindica a importancia da produción de aluminio e afirma que o anuncio do despedimento colectivo “supón un grave prexuízo económico para toda a comarca, que de facerse realidade suporía unha hecatombe para Viveiro e o resto de municipios da Mariña, xa de por si castigada pola industria e afectada neste momento pola crise económica derivada do coronavirus“.

O goberno municipal viveirense pechará as dependencias municipais para respaldar a folga convocada polos traballadores para ese mesmo día, 1 de xullo.

Os Concellos de Xove e Cervo tamén anunciaron que só permanecerán operativos os servizos mínimos esenciais. O alcalde cervense, o popular Alfonso Villares, cualificou o momento de “crucial” para a comarca, chamando á comara a “remar unida” para reverter o peche da fábrica de aluminio.

Villares insistiu en que o prezo da enerxía “é a senteza de morte” polo que teimou en reclamar “o estatuto para as empresas hiperelectrointensivas polo que agardamos desde hai dous anos” e “a convocatoria urxente da poxa de interrompibilidade“.

PECHE DOS NEGOCIOS

Á convocatoria de folga sumouse un número incontable de negocios da bisbarra.

Á convocatoria de folga sumouse un número incontable de negocios da bisbarra. O comité agradeceu a “autoxestión” do paro por parte do comercio local da Mariña Lucense, confiando en que “o 100%” das empresas respalden a xornada reivindicativa dos traballadores.

SOLIDARIDADE DA CIG DE ALU IBÉRICA

A sección sindical de CIG en Alu Ibérica manifestou o seu apoio á loita que están a levar o comité de Empresa de Alcoa San Cibrao, así como a Coordinadora das empresas auxiliares, contra o peche da planta de aluminio. De igual modo solidarízase co máis do milleiro de compañeiros afectados que entran a traballar na planta a diario, que de materializarse os plans de Alcoa irían despedidos.

“Nin a Mariña, nin A Coruña, nin Galiza pode permitirse o luxo de perder un solo posto de traballo máis no sector industrial, especialmente do sector electrointensivo e da fabricación de aluminio primario. Este é un sector estratéxico para economía galega, que de modo inexplicable aínda non está recoñecido como tal en Galiza nin no Estado Español”, lamentou o sindicato.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...