Feijóo sitúa a orixe do brote da Mariña “en dous ou tres bares” do porto de Burela

"Sabemos de onde veu" a propagación do virus na comarca, asegurou o presidente da Xunta, que xustificou deste xeito a súa decisión de cancelar o ocio nocturno

Porto de Burela. TURISMO DE GALICIA

O presidente da Xunta de Galicia, o popular Alberto Núñez Feijóo, situou a orixe do brote de coronavirus da Mariña Lucense, con 47 positivos segundo a última información oficial, “en dous ou tres bares do porto” de Burela.

“Sabemos de onde veu o brote, está localizado”, argumentou Feijóo, que ubicou o foco de propagación do virus “en dous ou tres bares xa pechados, onde os camareiros, case todos, estaban infectados e podían contaxiar os clientes que entraban e saían” dos locais.

Deste xeito, xustificou a decisión de prohibir as verbenas e a apertura de pubs e discotecas. “Pedimos prudencia no ocio”, porque neste tipo de establecementos “poden entrar moitas persoas”.

Das dúas persoas ingresadas con Covid-19 no Hospital Público da Mariña, concretou, unha -un home residente en Burela- está hospitalizada “por coronavirus” e outra, unha muller, “ten outra patoloxía de base” que é o “motivo de ingreso” e “ademais na PCR” detectouse coronavirus. Información ampliada no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here