Segue a aumentar o número de afectados polo brote da Mariña: doce positivos máis, para un total de 59

Mantense a presión hospitalaria sobre Burela, con dous ingresados a causa da pandemia

Hospital da Mariña. AXM

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou este venres doce casos máis de persoas afectadas por coronavirus no brote da Mariña Lucense, o que eleva a 59 o número total de positivos detectados.

Dos 59 casos positivos, expón a Consellería de Sanidade, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

Dúas persoas con Covid-19, un home residente en Burela e unha muller que segundo o Sergas foi hospitalizada por outras patoloxías, dando positivo na proba PCR, están ingresadas no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é “favorable“. Mantense así polo de agora a presión asistencial a causa do brote.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here