IniciosociedadeA Xunta Electoral de Galicia non ve "afectadas" as eleccións polo brote...

A Xunta Electoral de Galicia non ve “afectadas” as eleccións polo brote e elude valorar unha suspensión

Indica que mentres as actividades administrativas, económicas e sociais se desenvolvan con "normalidade" non lle corresponde "pronunciarse" sobre unha paralización dos comicios

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta Electoral de Galicia (XEG) indicou que non lle corresponde pronunciarse sobre suspender as votacións na Mariña Lucense, como se consultou por parte de Marea Galeguista. En todo caso, di que dependerá das medidas que decrete o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ante a evolución do brote de coronavirus da bisbarra, con 121 infectados, que obrigou ao peche de 14 dos 16 municipios da bisbarra ata a medianoite do venres.

“Non corresponde a esta Xunta Electoral pronunciarse sobre a situación das eleccións da Mariña Lucense”, recolle unha resolución da XEG, que indica que mentres as actividades administrativas, económicas e sociais se desenvolvan con “normalidade“, non entende “afectadas as condicións do proceso electoral, agás do que poida acordarse, se é o caso, polas autoridades sanitarias”.

Contra esta resolución pódese presentar recurso de alzada ante a Xunta Electoral central, antes deste mércores ás 11.30 horas. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...