O xeriátrico de Ribadeo queda a expensas do PIA trala aprobación do plan de viabilidade

O goberno local espera que a Xunta non dilate o trámite necesario para licitar o servizo

Residencia de Ribadeo. AXM

O Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade no pleno do pasado martes o plan financieiro e de viabilidade do xeriátrico municipal. Tras este paso, as xestións para a apertura do asilo quedan a expensas de que a Xunta de Galicia conceda o Permiso de Inicio de Actividade (PIA).

Co acordo plenario quedan fixados o rexime xurídico e económico do servizo e a súa forma de xestión. Cumprido este requisito, o goberno local solicitará ao Executivo galego o PIA e, unha vez obtido, poderase licitar o servizo, que contará con 47 prazas e cofinanciarán Concello e Deputación.

Queda pendente a sinatura dun convenio específico que ultiman o goberno local e o provincial. A Deputación custeará o 75% -ata un máximo de 600 euros– da diferenza entre a cantidade que poda asumir o usuario e o custe real do servizo, mentres que o Concello achegará o restante 25%.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, espera que o Goberno galego “non poña paus nas rodas e conceda o papeliño” e sinala que “comezamos a ver a luz ao final do túnel”.

DEPÓSITO DE AUGA

O pleno tamén aprobou por unanimidade o expediente de expropiación dunha parcela en Ove, que servirá para a construción dun depósito de auga. O rexedor insta á Xunta a mover peza, dados os problemas do municipio pola situación de obsolesencia da traída. “Agardamos que a Xunta se acorde de reinvertir os recursos que drena dos veciños de Ribadeo”, conclúe Suárez Barcia.

CONTA XERAL DO 2017

Tamén se aprobou a conta xeral do 2017. O concello dispón dun remanente líquido de tesourería de 1,6 millóns

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here